O reencontro coa palabra de Suso de Toro sempre é unha alegría. É difícil que con el, nesa encrucillada que é o momento da lectura, non se iluminen ángulos escurecidos, non se produzan ás veces verdadeiras epifanías. Sospeito que este libro, editado requintadamente e titulado Dentro da literatura, é unha desas propostas que posibilitan dialogar e que convidan a reflexionar, o que non é pouco. Se é sobre literatura entendo particularmente que será esta unha lectura moi gozosa e que moito me alegra ter nas mans.
Novidade (75): Dentro da literatura, de Suso de Toro
literatura, reflexão literária, crítica
Texto originalmente publicado em Caderno da Crítica (em galego)